Vieiros organiza un ano máis o seu con curso de microrelatos eróticos “Ferve a Rede”.Con esta iniciativa o xornal electrónico pretende unir o mundo erótico co uso do idioma neste ámbito. O xurado escollerá un gañador, que se fará co premio principal: unha viaxe a Bruxas (Bélxica) para dúas persoas.
O xornal electrónico achégase así ao mundo tabú do sexo mesturado cun tema as veces máis tabú incluso o uso do idioma galego. Coa unión destas dúas ideas Vieros pretende que os seus lectores se animen a afondar no mundo do sexo dende unha perspectiva galega. E é que o noso idioma ten ámbitos inexplorados incluso entre os que somos máis asiduos o seu uso.
Un idioma rico e enxeñoso como así o demostran as numerosas palabras sinónimos de cona: ameixa, antonia, berberecho, castaña, coella, cónchega, crica, faime rir/fasme rir, nacedoiro, nación, pachocha, paxara, peseta, quirica, recha e regaña. Pero tamén do carallo: Caralla, cipote, fleme, gaita, garabatillo, maneto, miñoca, moca, nabo, óso, pau, pirola, pispilete, pistolo, pito, pixa, rabo, tolete, verga e vergallo.
“Ferve a rede” é unha oportunidade única para usar o noso amplo léxico para o mundo erótico e do sexo. Xa o concurso convocado o ano pasado, foi un éxito con ducias de microrelatos enviados polos internautas algúns cheos de calidade literaria. Pode concursar calquera persoa seguindo os enlaces do concurso publicados no noso blog ou entrando na paxina de Vieiros http://www.vieiros.com/.
E é que todos debemos ter en conta que o galego é unha lingua quente.




