O sexo non é só entre un home e unha muller…

…hai moito máis, o que se coñece co acrónimo LGBTQ (lesbiana, gay, transexual e queer)

 

DSC00240

“En todas as partes: políticas da diversidade sexual na arte” Con este nome arranca unha exposición no CGAC, que ten como eixo central as distintas representacións do concepto de diversidade sexual no terreo da arte, principalmente dende o 69 até hoxe. Toda ela, está vertebrada mediante a aparición de distintas representación do desexo que se enfronta a norma e ao poder patriarcal e heterosexista.

Segundo avanzamos polos corredores e polas salas, mergullámonos na historia desta realidade que foi negada e desprestixiada durante moito tempo, e aínda hoxe en moitos lugares.

” En todas as partes…” ábrenos os ollos aos comezos da organización do movemento de liberación gay, pasando pola aparición do VIH e a súa conseguinte utilización polos sectores máis retrógrados da sociedade para condenar a poboación homosexual pola, supostamente, desorde moral causada. Tamén plasma o impacto e a influencia das teorías des-identitarias, rachando co estrito binomio de xénero. Xorden pois, imaxes de mulleres que comezan a posar coma homes e homes que cuestionan a estereotipación da feminidade. A comunidade transexual adquire forza, e o debate sobre a intersexualidade ábrese paulatinamente.

DSC00245

Hoxe parece que o mundo xa se abriu á realidade da pluralidade sexual, mais non nos enganemos, a discriminación brutal e a penalización da homosexualidade subsiste aínda en 85 países.

 

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.