Que te estimula?

fresa-con-chocolate    O termo afrodisíaco deriva da deusa Afrodita, a divinidade feminina grega relacionada co amor, a fecundidade e a enerxía primaveral. Os afrodisíacos son substancias que realmente ou por fantasía  popular estimulan e aumentan o desexo sexual. Existen distintos tipos, máis ben falariamos de categorías. Así podemos falar de afrodisíacos por asociación sensual ou se son inxeridos ou fretados directamente nos xenitais. Para conseguir este tipo de productos podemos mercalos nós mesmos, ben en supermercados no caso dos alimentos ou en calquera sexshop onde podemos atopar toda unha diversidade destes productos excitantes.

     Viaxando un pouco polo mundo destas sustancias atopámonos cunha gran cantidade de alimentos que pertencen a este grupo de estimulantes. Así encontramos manxares afrodisíacos   como os espárragos ou os plátanos pola súa forma fálica ou tamén as ostras ou as ameixas pola súa semellanza co órgano sexual feminino. A verdade é que un pode descubrir moitas cousas gracias á documentación ou a lectura. Os meus coñecementos sobre ditos estimulantes limitábanse ó pracer de comer chocolate ou de beber un vaso de viño cunha boa compañía. Pero a miña curiosidade foi mas aló e buscando información sobre alimentos que podían axudar á excitación sexual descubrín algo insólito que non sei ata que punto pode ser certo. Como unha cabeza de allo pode remove-los desexos sexuais? Ata que punto a mostaza con ese aspecto de salsa pasada pode estimula-las glándulas sexuais? E unha cebola? Paréceme que aí fóiselle un pouco da man a quen asegura que iso é certo. Aínda que a mellor forma de descubrilo é probando se realmente estes alimentos son eficaces ou non, eu dende logo prefiro quedar coa dúbida.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.