Outro gran descubrimento que traspasa fronteiras é o de Kilomba, unha pintora arxentina afincada en Barcelona que debuxa nos seus cadros ás mulleres dende un punto de vista diferente. As ilustracións mostran un mundo interior caótico cheo de tabús e fantasías, de expresión rabiosa dende unha inocencia perturbadora. Ademais, nas súas obras podemos sentir, a modo de diario adolescente, o estado mental do momento.
Kilomba móstrannos a mulleres diferentes: vedetes, bailarinas, heroínas, mozas vudús que se ispen nas súas mans, e que, sen dúbida imitan a súa creadora reciclando a desventura con dous ovarios…Pódese dicir que o drama ten lugar detrás da obra. As figuras femininas farán realidade o seu intento de ser libres, sensuais, valentes, eróticas…
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento




