O curioso caso de Pricasso

Á hora de elaborar unha obra pictórica sempre acudimos ós utensilios máis comúns como poden ser o pincel ou a brocha, por exemplo. Pois ben, o que ninguén podería imaxinarse é o “utensilio” que emprega o curioso pintor Tim Patch para a realización dos seus cadros; unha pista, nin é caro nin se merca nas tendas, iso si, só está ó alcance das persoas do sexo masculino.
Como poden supoñer trátase do seu propio PENE!

PRICASSO

Pois si, Tim Patch, ou o seu nome artístico Pricasso (prick significa pene en inglés), emprega o seu propio aparello reprodutor para elaborar os seus cadros, e a verdade é que non se lle da mal de todo, senón xulguen algunha das súas obras:

pricasso

Pricasso comezaría a expoñer as súas propias obras en feiras de produtos sexuais ó longo do mundo, onde chegarían a acadar grande éxito entre os asistentes, e, de feito, moitas son as persoas que lle encargan autorretratos ou representacións de personaxes coñecidas a nivel mundial, que el vende ó módico prezo de 250 euros.

Pero este peculiar artista non se conforma con ser un mero artista de feiras sexuais e este ano a súa valía artística foi recoñecida ó ser finalista do Premio Archibald de Australia, o premio de retratos máis importantes do seu país. A obra presentada é o seu propio autorretrato, ataviado cun sombreiro moi extravagante e cun lenzo en branco ocultando o seu “utensilio”:

archibald pricasso

Para finalizar, un vídeo do artista en acción retratando ó candidato á presidencia John McCain e ó presidente dos EEUU, Barack Obama. Como poden observar, a súa técnica patentada e única no mundo, na cal tanto o pene como o traseiro (utilizado para os fondos e para descansar o seu “utensilio” durante algúns minutos), acadan unha importancia vital para o desenvolvemento da obra.

Para máis información ou encargar algún cadro:

http://www.pricasso.com/

E-mail:

tim.patch1@bigpond.com

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.